Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

Reservas

Introducción

Para realizar unha reserva en eBiblio Galicia, o primeiro que tes que facer é introducir a túa Identificación e Contrasinal na Área de usuario.

É importante que os datos do correo electrónico sexan correctos e coincidan co que utilizas actualmente, xa que do contrario non accederías á información sobre as notificacións de reserva que realizaras. Por favor, comproba a túa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtro deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, como consecuencia disto, podes perder a túa reserva.

Poderás reservar dous libros e disporás de 48 horas para confirmar o préstamo. Se transcorrido ese tempo non o confirmas, a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector en espera.

REALIZACIÓN DA RESERVA

Unha vez identificados na plataforma, os pasos que cómpre seguir son:

  1. Realiza unha procura na plataforma do recurso que queiras tomar en préstamo.
  2. Localizado o recurso, tanto na páxina de resultados coma na ficha do recurso, o botón Prestar é substituído polo botón Reservar.
  3. Se desexas que a plataforma che informe de cando o recurso está dispoñible, debes premer o botón Reservar.
  4. Cando o recurso prestado sexa devolto, recibirás un correo electrónico coas instrucións para executar o préstamo.

ELIMINACIÓN DA RESERVA

Unha vez identificado na plataforma como usuario, os pasos son os seguintes:

  1. Diríxete a Área de usuario > Reservas.
  2. Localiza o recurso reservado que desexes borrar da lista e preme no botón Eliminar.