Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

Préstamos

PRÉSTAMO DO LIBRO ELECTRÓNICO DESDE UN PC OU DISPOSITIVO DE LECTURA

Para poder realizar un préstamo e visualizalo en DRM, é necesario que te identifiques na área de usuario cos teus datos de acceso.

Unha vez realizada a identificación, os pasos que cómpre seguir son:

  1. Realizar unha procura do recurso que desexes na plataforma.

  2. Imaxe 1. Procura do recurso.


  3. Localizado o recurso, selecciona para que se abra a súa ficha, onde aparecerán os exemplares dispoñibles, a modalidade de préstamo e a data de caducidade do préstamo.


    Imaxe 2. Ficha descritiva do recurso seleccionado.


  4. Preme no botón Prestar para descargar o arquivo, o cal abrirase co programa previamente instalado Adobe Digital Edition, que permitirá a lectura do libro seleccionado.


    Imaxe 3. Botón prestar.



    Imaxe 4. Préstamos en liña.


PRÉSTAMO DO LIBRO ELECTRÓNICO VÍA STREAMING

Para poder realizar un préstamo e visualizalo en Streaming (en liña), cómpre que te identifiques na área de usuario cos teus datos de acceso.

Unha vez realizada a identificación, os pasos que cómpre seguir son:

  1. Realiza unha procura na plataforma do recurso que desexes.
  2. Atopado o recurso desexado, selecciónao para que apareza a súa ficha, onde figuran os exemplares dispoñibles e a modalidade de préstamo, así como a data de caducidade do préstamo.
  3. Preme no botón prestar.
  4. Abrirase unha ventá emerxente, onde tan só tes que premer no botón Visualizar para comenzar a ler o recurso a través da aplicación Nubereader..


    Imaxe 5. Préstamos en liña.



    Imaxe 6. Libro aberto con Nubereader.