Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

Participación usuarios

Votar

Desde esta opción, podes indicar o teu grao de satisfacción sobre os libros que xa tomaches prestados. Sigue os seguintes pasos:

  1. Localiza o recurso que queres valorar.
  2. Preme sobre o título para que se abra a ficha con toda a información.
  3. Desprázate pola ventá, ata atopar o apartado Vota.
  4. FPreme na estrela que ocupa a posición do voto, onde 1 é a puntuación máis baixa e 5 a puntuación máis alta.


    Imaxe 1. Sección Votar recurso.


AS MIÑAS LISTAS

Se queres crear unha lista para almacenar os recursos que desexes ou que che interesan, debes utilizar esta opción.

Os pasos que cómpre seguir son:

  1. Identifícate na plataforma.
  2. Realiza unha procura do recurso que desexes engadir a unha nova lista ou a unha lista previamente creada.
  3. Preme sobre o recurso desexado.
  4. Unha vez na ficha do recurso, preme Engadir a unha lista. Abrirase unha ventá emerxente que debes completar.
  5. Enche o cadro de texto.
  6. Tras encher o cadro de texto, selecciona Pública ou Privada e preme o botón engadir para engadir o recurso á lista.


    Imaxe 4. Sección Engadir a unha lista.



    Imaxe 5. Pop up para seleccionar unha lista e engadir o recurso.