Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia
  • Inicio
  • Axuda
  • Normas de préstamo, devolución e reservas

Normas de préstamo, devolución e reservas

PRÉSTAMO

É posible ter en préstamo libros e revistas electrónicas independentemente do número de exemplares noutros soportes que cada usuario teña en préstamo na súa correspondente biblioteca. Pódese tomar en préstamo ata un máximo de dous documentos de forma simultánea por un período de 21 días no caso de libros e 3 días no de revistas, non renovables.

DEVOLUCIÓN

Unha vez finalizado o préstamo, o libro ou revista deixará de estar accesible desde os dispositivos do lector. Non poderá volver tomar en préstamo o mesmo título ata que transcorresen 24 horas desde a devolución.

É posible devolver préstamos antes da data prevista.

Reserva

Se o título do seu interese está prestado, poderá reservalo para lelo cando estea dispoñible:

  • Seguirase a orde de petición para as reservas.
  • É posible reservar ata un máximo de dous documentos de forma simultánea.

No momento en que o ebook estea dispoñible e lle corresponda por orde de petición, recibirá unha mensaxe de correo electrónico cunha ligazón para confirmar o préstamo.

  • Disporá de 48 horas para confirmar o préstamo. Transcorrido ese tempo sen confirmar o préstamo, a reserva pasará automaticamente ao seguinte lector en espera.
  • No caso de que no momento de activarse a reserva tivese en préstamo o número máximo de ebooks por lector, será necesario que faga a devolución dalgún dos títulos para que poida tomar en préstamo o título reservado.
  • Por favor, comprobe a súa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtrado do mesmo, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, a consecuencia diso, podería perder a súa reserva.