Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

Menús

Catálogo

Desde a sección catálogo accederás á listaxe completa de títulos dispoñibles na biblioteca.

Podes localizar o título desexado utilizando:

  1. O buscador da aplicación.
  2. Os carruseis dispoñibles na páxina principal
  3. O menú desplegable de materias.

Préstamos

Desde a sección de préstamos accederás á listaxe completa de préstamos que tes en activo.

Historial de préstamos

Desde a sección historial de préstamos accederás á listaxe completa de todos os préstamos realizados desde a túa alta no catálogo.

Reservas

Esta sección amosa todas as reservas que fixeras desde a túa alta como usuario do catálogo.

Podes consultar o estado de todas as túas reservas:

  1. En espera: aínda estás na listaxe de espera para poder tomar en préstamo o recurso.
  2. Avisada:  recibiches a notifcación para tomar en préstamo o recurso. A plataforma indica a data de inicio e a data de fin na que podes tomar en préstamo o recurso.
  3. Caducada: caducou a data para tomar en préstamo o recurso. Localiza o título dentro do catálogo para tomalo en préstamo. No caso de que non estea dispoñible, preme de novo no botón reservar.

Descargas

Esta sección amosa todos os títulos que descargaches para lelos utilizando o lector da aplicación.

Cada un dos libros descargados amosa o título e o autor, a data da caducidade do préstamo, a data da última lectura e o número de páxinas lidas con respecto ao número total de páxinas.

Ademais cada libro ten dispoñible un menú para consultar os detalles do libro, eliminar o libro da estantería da sección descargas ou realizar a devolución anticipada do préstamo.