Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

Como empregar o lector da aplicación.

Para visualizar o título desde o lector da APP, é necesario que premas o botón descargar da sección de Préstamos.

O titulo descargarase e estará dispoñible na sección Descargas. Localiza o título e preme sobre el para que se abra no lector e comece a lectura.

Se queres personalizar a lectura, preme sobre a páxina que estás visualizando para que se abra o menú coas distintas opcións que presenta o lector.

  1. Menú da aplicación: serve para poder navegar polas distintas seccións da aplicación.
  2. Barra de progreso: indica o número de páxinas lidas con respecto ao número de páxinas totais.
  3. Taboa de contidos e marcadores: amosa os distintos capítulos que contén o libro e os distintos marca páixnas que engadiches durante a lectura.
  4. Configuración: permíteche cambiar a cor do fondo, a iluminación, o tipo, tamaño e interliñado da letra.
  5. Buscador: permite localizar palabras dentro do título.
  6. Marcapáxinas: permite engadir distintos marcadores de posición durante a lectura.