Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

Instalar e autenticar Adobe Digital Editions

INSTALACIÓN

Os pasos para descargar e instalar Adobe® Digital Editions (en diante ADE) son os seguintes:

1. Preme no seguinte enlace: http://www.adobe.com/es/solutions/ebook/digital-editions/download.html para acceder á Web de ADE.

2. Para descargar a aplicación de ADE debes premer no enlace Windows (marcada cunha frecha vermella na imaxe inferior) ou ben sobre o enlace Macintosh (marcada cunha frecha verde na imaxe inferior) conforme teñas no ordenador o sistema operativo Windows ou Mac Os respectivamente.

3. Aparecerache unha ventá de instalación. Preme sobre o botón Executar.

4. Abrirase a páxina do Acordo de licenza. Despois de ler e aceptar os termos de uso da aplicación pulsa sobre o botón Seguinte.

5. No novo formulario debes seleccionar os accesos directos que queres instalar no teu ordenador, e premer no botón Seguinte.

6. No seguinte formulario, debes seleccionar a localización no ordenador na que queres que se instale ADE (podes deixar o enderezo por defecto). Unha vez seleccionado o Directorio, cómpre premer no botón Instalar.

7. A continuación, comenzará o proceso de instalación de ADE. Unha vez concluída a instalación, preme no botón Pechar.

8. Abrirase unha ventá que indica que a instalación foi satisfactoria. Preme no botón Feito.

9. Completados estes pasos con éxito, terás instalada no teu equipo a aplicación gratuíta de ADE.

Autenticación de ADE

Os pasos para autenticar o teu Adobe Digital Editions, unha vez que o teñas instalado, son os seguintes:

1. Entra no teu software Adobe Digital Editions.

2. Ir ao menú Axuda > Autorizar equipo.

3. No formulario de Autorizar equipo:

a. No apartado ID, teclea o teu usuario do biblioteca.

b. No apartado Contrasinal, teclea a clave do biblioteca.

4. Preme no botón Autorizar.

Nota 1 sobre protección DRM:

Calquera libro electrónico que leras ou descargaras ANTES da activación dun Adobe ID deixa de funcionar unha vez que se active o teu Adobe ID.

Nota 2 sobre protección DRM:

Calquera libro electrónico que se leras ou descargaras cun Adobe ID DIFERENTE do teu deixa de funcionar co teu Adobe ID.