Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

eBiblio APP

Características

Aplicación de lectura eBiblio permite levar en préstamo calquera título dispoñible no catálogo castelán de GaliciaLe e descargalo ao dispositivo nun so clic.

A aplicación está optimizada para dispositivos Android e iOS e mellora a túa experiencia de usuario grazas a unha interface sinxela e fácil de usar.

Desde a app poderás navegar polo catálogo, realizar préstamos e reservas, ler online e descargar libros para ler sin conexión a internet.

O lector que inclúe a aplicación permite personalizar a lectura cambiando o tipo, tamaño e espaciado da letra. Ademais, permite axustar o brillo da pantalla e seleccionar a cor de fondo.

Podes enlazar ata un máximo de 6 dispositivos diferentes, iniciando a lectura en calquera deles e continuando noutro diferente retomándoa no punto exacto no que a deixaches.

Descarga Da aplicación

A aplicación está dispoñible na AppStore de iOS e en Google Play de Android.

Despois de descargala e instalala, necesitarás activala no teu dispositivo. Selecciona a comunidade autónoma á que pertences e introduce o usuario e a contrasinal da túa biblioteca.