P: Esquecín o meu contrasinal
R: Poderás recuperar o teu contrasinal en http://rexistro.galiciale.gal/cgi-bin/account-remember.pl introducindo o teu número de usuario de GaliciaLe. Se estás en posesión do DNI, debes introducir este sen a letra final. Se non tes DNI, é preciso que escribas o número de usuario que recibiches no correo de benvida a GaliciaLe. Se non lembras o teu número de usuario nin conservas este correo de benvida, debes dirixirte a túa biblioteca.
P: Desde qué dispositivos podo ler os libros electrónicos que tomei en préstamo?
R: Existe unha gran variedade de dispositivos desde os que se poden tomar en préstamo libros electrónicosl. Algúns dos dispositivos válidos son:
P: Que é ler en streaming (NubeReader)?
R: É a lectura en liña desde calquera dispositivo. A aplicación dispón dun menú con diversas opcións que permite o acceso aos distintos capítulos do libro, realizar procuras dentro do libro electrónico, subliñar, tomar notas ou utilizar os marcapáxinas, adaptar a lectura as túas preferencias co aumento do tamaño da letra, o cambio do interliñaxe, a modificación do tipo de fonte ou a cor do fondo.
P: Que significa 'dispoñible en Streaming'?
R: Dispoñible en Streaming significa poder visualizar o libro electrónico, audio ou vídeo directamente desde a internet, sen necesidade de descargalo previamente ao dispositivo de lectura.
P: Existen aplicacións móbiles para a lectura?
R: Si, existen. As aplicacións están dispoñibles para dispositivos Android e iOS. Ademais destas aplicacións, podes gozar da lectura se utiliza Adobe Digital Editions, previamente instalada no teu dispositivo, ou empregando NubeReader.
P: Necesito a miña ID de Adobe para acceder á aplicación móbil de eBiblio?
R: Non, non cómpre. Escolle a túa comunidade do despregable da pantalla inicial e insire o usuario e o contrasinal co que accedes á túa plataforma de préstamo de contido dixital.
P: Poden utilizar varias persoas a mesma APP de lectura no mesmo dispositivo?
R: Unha vez instalada, a APP de lectura queda asociada a un usuario. De modo que para acceder a unha conta diferente, cómpre desenlazar o dispositivo e volver introducir os novos datos de acceso para asociar a APP a unha conta distinta.
P: Para que serve o botón vista previa?
R: O botón vista previa dalgúns recursos permíteche visualizar parte do contido do libro antes de tomalo prestado.
P: Que significa descarga en DRM?
R: DRM é o acrónimo de Digital Rights Management, ou xestión de dereitos dixitais en galego. DRM é un sistema de xestión de dereitos dixitais que permite protexer o libro contra a copia e a redistribución non autorizada, para o obxecto de preservar os dereitos das persoas autoras e das editoras.
P: Podo ler o mesmo libro desde diferentes dispositivos de lectura?
R: Si. A plataforma permite sincronizar todos os dispositivos que teñan instalada a aplicación de eBiblio e así ter o mesmo libro en diferentes dispositivos. No caso de non ter instalada a aplicación, Adobe Digital Editions permite tamén a sincronización con outros dispositivos de lectura.
P: Poden acceder os usuarios con carné infantil aos contidos para adultos?
R: Non. Os usuarios con carné infantil e que inician sesión para tomar libros en préstamo, só poden acceder aos contidos categorizados en Infantil, non terán acceso aos contidos para adultos.
P: Cantos libros electrónicos podo solicitar en préstamo ao mesmo tempo?
R: O número máximo de títulos que se permite ter en préstamo é 2.
P: Por canto tempo se prestan os libros electrónicos?
R: O período de préstamo xeral é de 21 días. Podes saber cando remata o prazo dos teus préstamos se accedes a Préstamos en liña da túa área persoal e visualizas o apartado Finaliza.
P: Podo renovar un libro electrónico?
R: Non. O usuario non pode renovar ningún préstamo
P: Como podo saber en que formato podo tomar en préstamo un título que está dispoñible?
R: No apartado Dispoñible da túa ficha descritiva, podes atopar a modalidade de préstamo do título.
P: Podo devolver un libro electrónico antes de que venza o período de préstamo?
R: Si. Se desexas devolver un documento antes de que expire a data de vencemento do préstamo, poderás facelo no caso dos eBooks descargados utilizando o botón Devolver préstamo da app de eBiblio (en dispositivos móbiles como tablets ou teléfonos) ou a través de Adobe Digital Editions (en PC ou Mac) e no caso dos libros en Streaming, desde o botón Devolver dentro da área de usuario. Ten en conta que existe unha limitación de 15 devolucións anticipadas por usuario e mes.
P: Cantos títulos podo reservar?
R: O número máximo de títulos que podes reservar é 2.
P: Unha vez que o título que se reservou estea xa dispoñible para o préstamo, canto tempo teño para solicitalo antes de que pase a outro usuario ou á colección?
R: Unha vez que estea dispoñible para solicitar en préstamo o libro polo cal estás na lista de espera, recibirás un e-mail para avisar de que se atopa dispoñible. Se pasan 48 horas desde que recibiches o e-mail e non o colles en préstamo, este volverá á colección de libros dispoñibles para que outros usuarios poidan pedilo prestado.
P: Non recibo mensaxes de correo de aviso de reservas
R: Comproba a túa caixa de correo electrónico non desexado e a configuración de filtro deste, xa que os avisos de reserva poderían ser tratados erroneamente como correo non desexado e, a consecuencia diso, poderías perder a súa reserva.
P: Podo cancelar algún título dos que solicitei en reserva?
R: Si. Desde o apartado Reservas da túa área persoal localiza o título que desexas cancelar e preme sobre a icona da papeleira do apartado Eliminar. A reserva cancelarase automaticamente.
P: Podo votar cantas veces queira o mesmo libro?
R: Non, non se pode. Podes votar todos os libros que queiras dos dispoñibles no catálogo, pero cada libro só podes votalo unha vez.
P: Podo compartir a miña lectura nas redes sociais?
R: Si. Existe unha sección na columna da dereita da ficha descritiva con distintas iconas de redes sociais para compartir a lectura.
ADOBE DIGITAL EDITIONSNo apartado "Instalación de Adobe" atoparás a información detallada para realizar a instalación de Adobe Digital Editions e obter a conta ID de Adobe.
P: Como desautorizo a miña conta de Adobe Digital Editions?
R: Para desautorizar a túa conta de Adobe Digital Editions debes seguir os seguintes pasos:
Mac OsP: Non atopp o arquivo do libro electrónico tras descargalo.
R: Ao descargar un libro electrónico desde a plataforma da túa biblioteca, o sistema xera un ficheiro .acsm que debe abrirse con Adobe Digital Editions. Localiza o ficheiro na carpeta de descargas que teñas establecida no navegador e preme dúas veces sobre el. Automaticamente abrirase Adobe Digital Editions.
P: Descargo un libro e, ao abrilo con Adobe Digital Editions, aparece o seguinte erro E_LIC_ALREADY_FULFILLED_BY_ANOTHER_USER.
R: Este erro aparece porque a conta coa que estás intentando visualizar o libro non é a correcta. Debes desautorizar esta conta e autorizar Adobe Digital Editions co teu ID de Adobe.
P: Descargo un libro para o meu dispositivo e, ao abrilo con Adobe Digital Editions, aparece o seguinte erro "Clave de licenza estragada".
R: Para emendar este erro debes desautorizar a conta de Adobe do teu equipo e volvela autorizar.
P: Cando tomo prestado un libro para visualizalo con Adobe Digital Editions desde o meu dispositivo de lectura aparece o erro "Error check activation".
R: Este problema soluciónase se desautorizas a túa conta de Adobe do dispositivo que estás a empregar e vólvela autorizar.
P: Quero devolver un libro electrónico desde Adobe Digital Editions e aparece o erro E_BAD_LOAN_ID.
R: Ás veces existen problemas de comunicación co servidor de Licenzas de Adobe á hora de facer a devolución dun préstamo. O libro devolveuse correctamente, pero non se borrou da túa biblioteca. O único que debes facer é seleccionar o libro da biblioteca de Adobe Digital Editions e eliminalo.
P: Tomo en préstamo un libro electrónico para o visualizar con Adobe Digital Editions e aparece o erro E_ ACT_NOT_READY.
R: Esta mensaxe aparece cando existe un erro de autorización na conta de Adobe Digital Editions que estás empregando. Para ler o libro necesitas desautorizar a conta e autorizala de novo co teu ID de Adobe.
P: Descarguei un libro e non o podo visualizar en Adobe Digital Editions.
R: Isto sucede porque, para visualizar o libro electrónico, debes introducir o teu ID de Adobe en Adobe Digital Editions.
P: Quero visualizar un libro electrónico desde Adobe Digital Editions e aparece unha ventá coa seguinte mensaxe E_ADEPT_REQUEST_EXPIRED.
R: Para visualizar o libro, comproba que a hora e a data do teu dispositivo sexan correctas.
P: Tomei en préstamo un libro electrónico para visualizar con Adobe Digital Editions e aparece o erro E_AUTH_NO_AUTH_RESP.
R: Este erro aparece cando Adobe non autorizou correctamente a túa conta cando te estabas dando de alta. Debes pórte en contacto con eles para verificar o motivo polo cal non se autorizou.
P: Quero visualizar o libro electrónico que tomei en préstamo, pero aparece o erro E_ADEPT_NO_TOKEN cando o abro con Adobe Digital Editions.
R: Este problema dáse cando ocorre un erro na descarga do ficheiro urllink.acsm. Elimínao do teu dispositivo e volve descargalo.
P: Adobe Digital Editions non recoñece o meu ereader.
R: Os libros electrónicos que eBiblio Galicia ofrece en préstamo están protexidos polo sistema para a xestión de dereitos dixitais Adobe DRM. Por iso cómpre que o ereader sexa compatible con ese sistema. No caso de que Adobe Digital Editions non recoñeza o teu ereader, pode deberse ás seguintes causas:
O dispositivo non é compatible con Adobe DRM:
O dispositivo é compatible con Adobe DRM, pero non é compatible co programa Adobe Digital Editions. Algúns fabricantes ofrecen programas ou métodos alternativos para algúns dos seus modelos:
O dispositivo é compatible con Adobe DRM e Adobe Digital Editions, pero non se conectou correctamente co ordenador persoal: