Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia
  • Inicio
  • Axuda
  • Como descargar un libro dixital a un eReader

Como descargar un libro dixital a un eReader

Os pasos para descargar, transferir e ler un ebook no teu eReader dependerán do modelo do teu dispositivo e de se este posúe conexión a internet ou non. Para transferir libros electrónicos a outros dispositivos compatibles con Adobe DRM, debes autorizar estes dispositivos para o teu Adobe ID a través de Adobe Digital Editions. Lembra que o teu dispositivo ten que ser compatible coa tecnoloxía Adobe DRM.

1. Inicia a aplicación Adobe Digital Editions.

2. Conecta o dispositivo ao ordenador personal. Para iso utiliza o cable e as instrucións de conexión suministradas polo fabricante do dispositivo.

3. Se o dispositivo é compatible con Adobe DRM, Adobe Digital Editions detectarao automaticamente e mostrarao no apartado Dispositivos da ventana principal.

4. Selecciona o dispositivo no menú Dispositivos de Adobe Digital Editions:

a. No menú “Dispositivos” preme sobre “Opcións do dispositivo” e selecciona a opción “Autorizar dispositivo”.

b. Adobe Digital Editions mostrará unha ventana con información sobre a autorización.

c. Ao premer o botón “Autorizar dispositivo”, Adobe Digital Editions conectarase brevemente a Internet para comprobar os teus datos e, se son correctos, mostrará unha mensaxe de confirmación indicando a conta de Adobe ID á que quedou vinculado o dispositivo.