Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

Devolucións

Á hora de devolver un libro electrónico hai que ter en conta se o préstamo foi para visualizar o libro desde Adobe Digital Editions ou para visualizalo desde Nubereader. En función do tipo de préstamo, a devolución farase dun xeito ou doutro.

O número máximo de retorno por usuario ao mes será de 15 retorno.

DEVOLUCIÓN DUN LIBRO ELECTRÓNICO DESDE ADOBE DIGITAL EDITIONS

A devolución baixo esta modalidade só é posible en PC ou Mac. A app de Adobe Digital Editions para dispositivos móbiles (tablets, teléfonos) non incorpora a funcionalidade de devolución.

Os pasos que cómpre seguir nun PC ou Mac son:

  1. Abre o programa Adobe Digital Editions.
  2. Co programa aberto, preme na icona Vista de Biblioteca.
  3. Sobre o libro que queiras devolver, preme na icona da frecha.
  4. Abre o despregable e selecciona Devolver o elemento prestado.


    Imaxe 1. Devolución desde Adobe Digital Editions.


  5. Automaticamente o título que acabas de devolver desaparece de Préstamos en liña da túa área persoal.

DEVOLUCIÓN DUN FICHEIRO MULTIMEDIA

Os pasos que cómpre seguir son:

  1. Debes dirixirte á Área de usuario > Préstamos en liña.
  2. Unha vez en Préstamos en liña, tan só tes que premer o botón Devolver do recurso desexado.