Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia
  • Inicio
  • Axuda
  • Como facer unha devolución desde la APP

Como facer unha devolución desde la APP

Á hora de devolver un libro electrónico hai que ter en conta se o préstamo foi para visualizar o libro desde o lector da aplicación ou para visualizalo  desde o dispoisitivo empregando Nubereader. En función do tipo de préstamo a devolución farase dunha forma ou doutra.

O número máximo de devolucións por usuario ao mes será de 15 devolucións.

DEVOLUCIÓN DUN LIBRO ELECTRÓNICO QUE SE VISUALIZOU DESDE O LECTOR DA APLICACIÓN.

Se remataches de ler o libro que tiñas en préstamo, podes realizar a devolución anticipada empregando o botón devolver préstamo.

  1. Accede á aplicación de eBiblio e vai á sección Descargas.
  2. Localiza o título que queres devolver e preme sobre a icona que hai na parte superior dereita.
  3. Abrirase un menú emerxente. Preme Devolver préstamo.
  4. Automaticamente o libro desaparecerá da sección Descargas e da Sección préstamos.

Devolución dun libro que foi visualizado desde nubereader.

Para que poidas realizar un préstamo e visualizalo en streaming, é necesario que te identifiques na área de usuario cos teus datos de acceso.

Unha vez realizada a identificación, os pasos a seguir son:

  1. Accede á aplicación e diríxete á sección Préstamos.
  2. Localiza o título que queres devolver e preme sobre o botón Devolver.
  3. Automaticamente o libro desaparecerá da sección de Préstamos.