Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia

Procuras

Dispós de diferentes métodos para acceder aos contidos que desexes mediante:

  • Procura rápida dos contidos.
  • Os distintos carruseis existentes na páxina principal (novidades, máis visitados, máis prestados...).

PROCURA RÁPIDA DOS CONTIDOS

Os pasos que cómpre seguir para realizar unha procura rápida son:

  1. Diríxete á páxina principal.
  2. Introduce na área de texto, situada na parte superior da pantalla, a palabra ou frase que identifique o contido que desexes localizar.
  3. Preme o botón Buscar.


    Imaxe 1. Procura rápida.

Filtros

Podes acoutar a procura do recurso desexado se utilizas os filtros das procuras facetadas.

Os pasos que debes seguirse son:

  1. Realiza unha procura en branco, é dicir sen introducir ningún término na área de texto. Para isto debes premer o botón Buscar.
  2. Na parte esquerda da ventá aparecen distintos filtros que podes utilizar para acoutar a súa procura. Selecciona o filtro / filtros que desexes aplicar para estreitar a procura anteriormente realizada.


    Imaxe 2. Selección de filtros na columna esquerda.


  3. Se os filtros que aparecen por defecto non se adaptan ao contido que queres localizar, podes engadir filtros adicionais. Tan só cómpre premer Amosar filtros adicionais do menú da parte esquerda. Selecciona os desexados e preme o botón Amosar.


    Imaxe 3. Ventá emerxente para engadir filtros adicionais.


  4. Ademais de engadir filtros adicionais, podes engadir novos campos de procura a cada un dos filtros do panel da esquerda. Preme "Ver Máis..." do filtro desexado,e automaticamente mostraranse novos campos de filtrado.


    Imaxe 4. Filtros adicionais.




    Imaxe 5. Engadir novas facetas a un filtro determinado.


  5. Se os campos dos filtros que aparecen por defecto ou os que engadiches non te serviron para acoutar a procura, podes ver todos os campos dispoñibles pulsando a opción "Ver todos" do filtro desexado...


    Imaxe 6. Ver todos os campos dispoñibles dun filtro concreto.